xoves, 7 de marzo de 2024

ROI E IAGO EN "MUÍÑOS NAS ONDAS"

O 6 de marzo, Roi e Iago, alumnos de 6º E.P., guiados pola mestra Aurelia, fixeron unha actividade de Radio que consiste en escribir nunha escaleta a reseña dunha película ou novela para recomendala. Deste xeito, traballan a maior parte dos bloques de contidos da área de Lingua contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. 

Roi grava a Iago, recomendando a película "Megalodón". 

Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta.

Iago grava a Roi que recomenda a película "Gremlins"
Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...