martes, 3 de novembro de 2026
CONTOS DE MEDO
3,2,1 Estamos no aire!
Rematou outubro e queremos deixarvos por aquí os contos e historias de medo dos alumnos máis aterradores do colexio...
As primeiras en pisar a radio foron Carla e Camila, de 6º EP. Carla cóntanos "Unha noite fría de outono", mentres que Camila nos narra "A rapaza de branco".
A profe Isa tamén se anima cun breve relato de 1962.
Agora é o turno de Ariana, quen nos le un fragmento do libro "Escola de Monstros".
A continuación, escoitaredes unha historia protagonizada por Valentina.
É a quenda de Fran, quen nos le o conto "La bruja que iba en bicicleta".
Ánxela vainos contar "O club dos monstros", acompañada por Ainhoa, quen nos lerá outra historia de medo titulada "A bruxa maldita".
"O ano que os pitos perderon a cabeza", é un conto narrado por David e Martín.
Mara cóntanos unha historia moi de Samaín: "A pantasma do circo".
"O monstro" é seguinte historia que podedes escoitar, á que lle pon voz Martín.
A continuación, David lenos "A nena do azucre".
A profe Isa tamén se anima a contarnos un conto de María Canosa, titulado "Un cuarto cheo de monstros".
Agardamos que disfrutárades con estes relatos (e que pasáredes un pouco de medo tamén...).
Non te perdas o noso próximo pódcast. Seguimos conectados!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
CONTOS DE MEDO
3,2,1 Estamos no aire! Rematou outubro e queremos deixarvos por aquí os contos e historias de medo dos alumnos máis aterradores do colexi...
-
O venres 9 de xaneiro, contamos coa presenza de Pablo Corbillón Cabrera na nosa escola. Pablo é un dos formadores de Rede Espora ( ES col...
-
O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...
-
O alumnado de 5º EP estiveron traballando na clase de Lingua Castelá o xénero da entrevista, aprendendo como preparala: formular boas pregun...