venres, 11 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO ( 2º SESIÓN)

Na segunda sesión  do obradoiro de Radio ( 11 de decembro)  o alumnado de 6º preparou a gravación dun contido. Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución dunha historia colectiva creada para tal efecto polo Laboratorio de Radio. 

Traballaron por parellas e repartiron tarefas. Unha persoa do grupo encargouse da locución da historia e a outra da sonorización, mediante unha serie de instrumentos e aparellos reciclados.

Despois de practicar o texto e coordinar como e cando soan os efectos, fixeron unha serie de exercicios de respiración e vocalización para mellorar a locución diante do micro.


Remataron a actividade coa gravación e escoita colectiva da historia, nunha formación que tratou de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.

venres, 4 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO ( 1º SESIÓN)

O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración, logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte dos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", en función do interese e calidade das actividades realizadas no curso 2019/20

Grazas á asignación recibida por este recoñecemento, o alumnado de 6º que participou neste programa puido desfrutar dun obradoiro de Radio escolar, na man de Sergio Pascual, formador de Laboratorio de Radio.

A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro.

Na primeira sesión a actividade arracou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola. 

O alumnado participou de xeito activo a través de dinámicas de grupo para traballar o control da voz ( respiración, entonación...)

RADIO NERIA EN MUÍÑOS NAS ONDAS

O xoves, 14 de marzo, Luis Corral Dios, visitou a nosa radio "Muíños nas ondas". A través do programa "Chegar a bo porto"...