venres, 11 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO ( 2º SESIÓN)

Na segunda sesión  do obradoiro de Radio ( 11 de decembro)  o alumnado de 6º preparou a gravación dun contido. Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución dunha historia colectiva creada para tal efecto polo Laboratorio de Radio. 

Traballaron por parellas e repartiron tarefas. Unha persoa do grupo encargouse da locución da historia e a outra da sonorización, mediante unha serie de instrumentos e aparellos reciclados.

Despois de practicar o texto e coordinar como e cando soan os efectos, fixeron unha serie de exercicios de respiración e vocalización para mellorar a locución diante do micro.


Remataron a actividade coa gravación e escoita colectiva da historia, nunha formación que tratou de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...