O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración, logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte dos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", en función do interese e calidade das actividades realizadas no curso 2019/20
Grazas á asignación recibida por este recoñecemento, o alumnado de 6º que participou neste programa puido desfrutar dun obradoiro de Radio escolar, na man de Sergio Pascual, formador de Laboratorio de Radio.
A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro.
Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola.
O alumnado participou de xeito activo a través de dinámicas de grupo para traballar o control da voz ( respiración, entonación...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario