martes, 3 de novembro de 2026

CONTOS DE MEDO

3,2,1 Estamos no aire! Rematou outubro e queremos deixarvos por aquí os contos e historias de medo dos alumnos máis aterradores do colexio... As primeiras en pisar a radio foron Carla e Camila, de 6º EP. Carla cóntanos "Unha noite fría de outono", mentres que Camila nos narra "A rapaza de branco". A profe Isa tamén se anima cun breve relato de 1962. Agora é o turno de Ariana, quen nos le un fragmento do libro "Escola de Monstros". A continuación, escoitaredes unha historia protagonizada por Valentina. É a quenda de Fran, quen nos le o conto "La bruja que iba en bicicleta". Ánxela vainos contar "O club dos monstros", acompañada por Ainhoa, quen nos lerá outra historia de medo titulada "A bruxa maldita". "O ano que os pitos perderon a cabeza", é un conto narrado por David e Martín. Mara cóntanos unha historia moi de Samaín: "A pantasma do circo". "O monstro" é seguinte historia que podedes escoitar, á que lle pon voz Martín. A continuación, David lenos "A nena do azucre". A profe Isa tamén se anima a contarnos un conto de María Canosa, titulado "Un cuarto cheo de monstros". Agardamos que disfrutárades con estes relatos (e que pasáredes un pouco de medo tamén...). Non te perdas o noso próximo pódcast. Seguimos conectados!

mércores, 30 de setembro de 2026

APRENDEMOS A FACER RADIO! OBRADOIRO REDE ESPORA


O luns 29 de setembro contamos cunha importante visita. O alumnado de
3º e 4º de primaria tivo a sorte de recibir un obradoiro da man de Denís Losada, un dos formadores de Rede Espora (Rede de Escolas Pola Radio).
As charlas tiveron un carácter teórico-práctico, rematando cunha sesión de gravación.
Primeiro, aprendemos cousas tan necesarias como os elementos básicos que precisamos para facer radio no colexio, que a mesa de son é como o cerebro, a importancia da locución, da voz e da música, etc.
En grupos de cinco os rapaces baixaron á biblioteca, onde se atopa a nosa radio, “Muíños nas Ondas”. Alí, un exercía de entrevistador-técnico/a, facéndose cargo da mesa, mentres que os demais participaban como entrevistados. Finalmente, usaron o programa de edición de audio Audacity para gravar e gardar cadanseu programa.
O de onte foi totalmente improvisado, para que en maior ou menor medida puidesen soltarse e perder un poco o medo e a vergoña diante do micro. Agardamos que en breve se animen a utilizar a radio, poñendo en práctica todo o aprendido, sen esquecer que o máis importante é ter unha IDEA, pensar para quen falamos e redactar o GUIÓN de forma clara. A continuación, unha pequena escolma do que dou de si a mañá.

 

 


venres, 24 de abril de 2026

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas”, unha xornada radiovisual interescolar que se desenvolveu no Auditorio Municipal de Vimianzo.
Con esta actividade complementaria de carácter educativo o noso colexio participou na recuperación, conservación e difusión do patrimonio cultural común a Galicia e ao norte de Portugal. A actividade desenvolveuse simúltáneamente desde distintos puntos de Galicia e do norte de Portugal e poido seguirse en directo mediante streaming.
Na interveción que durou 20 minutos deuse a coñecer:
  • Unha figura relevante do noso concello, o fotógrafo muxián Ramón Caamaño entín, falando da súa vida e obra ( Alumnado de 6º EP).
  • Un traballo representativo do noso concello, entrevistando a Antonio Haz Amigo “Toñico”, un percebeiro de Muxía. (Alumnado de 6º EP).

  • Elementos do noso folklore e patrimonio cultural, interpretando unha cantiga de creación propia titulada "Muxía, mar que fala" (Alumnado de 3º EP).

Premendo a imaxe, accederás á letra da cantiga.

Esta actividade vinculada ao traballo desenvolvido na aula contribuiu  ao desenvolvemento das competencias comunicativas, sociais e culturais do noso alumnado.

xoves, 26 de febreiro de 2026

ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos ( 6º EP)

 

Durante este curso escolar, o Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro está dedicado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030. O alumnado de 6º de Educación Primaria, desde a área de Lingua, centrou o seu traballo no ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos.

📚 Investigamos na biblioteca escolar

Ao longo do primeiro trimestre, os nenos e nenas realizaron unha investigación guiada empregando unha selección de libros da biblioteca escolar. O obxectivo foi comprender a importancia das alianzas —mesmo das máis pequenas— para construír un mundo máis xusto, sostible e solidario.

🤝 Traballo cooperativo

Organizados en equipos, escolleron diferentes tipos de alianzas presentes na sociedade:

●   A Unión Europea

●   ONGDs

●   Asociacións e grupos sociais

● Outras organizacións que colaboran para mellorar a vida das persoas.

 Cada grupo elaborou un mural informativo no que recolleron as súas conclusións, destacando como a cooperación entre persoas e entidades permite avanzar cara aos ODS.

🗣 Exposición oral

O alumnado presentou os seus traballos ao resto da clase mediante exposicións orais, desenvolvendo habilidades comunicativas, capacidade de síntese e expresión en público.

🎙 Difusión do coñecemento: o noso podcast.


Como produto final, decidiron compartir o aprendido coa comunidade educativa a través dun podcast. Para iso, previamente elaboraron unha escaleta na que organizaron toda a información: presentación, contidos principais, conclusións e mensaxe final.

✨ Con esta experiencia, o alumnado non só investigou e aprendeu sobre os ODS, senón que tamén comprobou que traballar en alianza é a mellor maneira de transformar o mundo.

📖 Seguimos aprendendo desde a biblioteca escolar… porque cada pequena alianza conta!

Preme AQUÍ para ver o guión.



martes, 24 de febreiro de 2026

Ondas líricas ( 6º EP)

Durante os meses de febreiro e marzo o grupo de 6º EP traballou a poesía nas áreas de lingua galega e castelá. 

Aprenderon a rimar palabras, a facer composicións rítmicas, a contar sílabas métricas, a darse conta de que poden encontrar a inspiración poética en calquera tema… E todo o esforzo rematou coa composición persoal dun poema que gravaron na radio para compartir con todos e todas. Ademais, estes poemas foron presentados nun concurso de poesía escolar da Fundación Gonzalo López Abente e o de Carla Pérez, titulado “A miña avoa” gañou o primeiro premio da súa categoría.


venres, 9 de xaneiro de 2026

OBRADOIRO DE CREACIÓN NA RADIO ESCOLAR

 

O venres 9 de xaneiro, contamos coa presenza de Pablo Corbillón Cabrera na nosa escola. Pablo é un dos formadores de Rede Espora (EScolas POla RAdio), e veu colaborar co alumnado de 3º e 4º no deseño e creación de un sinxelo programa que dea lugar a moitos máis durante este curso e os vindeiros. 


A formación desenvolveuse en dúas fases:

  • Unha primeira de carácter teórico, para coñecer ben a ferramenta e o seu uso.
  • Outra de carácter práctico, no que realizaron a gravación do programa elaborado.
ALUMNADO 3º EP
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.
ALUMNADO 4º EP
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.

xoves, 13 de novembro de 2025

"Radio Comarea" ( 6º EP)

Horta Creativa, cooperativa cultural da Costa da Morte, realiza anualmente un festival chamado "Comarea". Este ano pretenden difundir a actividade a través de diversos podcasts para o que solicitaron o uso da radio escolar do noso centro e a colaboración do alumnado de 6º E.P. para facer de reporteiros/as. 

Realizáronse dúas sesións de formación: martes 11 e xoves 13 de novembro.

CONTOS DE MEDO

3,2,1 Estamos no aire! Rematou outubro e queremos deixarvos por aquí os contos e historias de medo dos alumnos máis aterradores do colexi...