mércores, 30 de setembro de 2026

APRENDEMOS A FACER RADIO! OBRADOIRO REDE ESPORA


O luns 29 de setembro contamos cunha importante visita. O alumnado de
3º e 4º de primaria tivo a sorte de recibir un obradoiro da man de Denís Losada, un dos formadores de Rede Espora (Rede de Escolas Pola Radio).
As charlas tiveron un carácter teórico-práctico, rematando cunha sesión de gravación.
Primeiro, aprendemos cousas tan necesarias como os elementos básicos que precisamos para facer radio no colexio, que a mesa de son é como o cerebro, a importancia da locución, da voz e da música, etc.
En grupos de cinco os rapaces baixaron á biblioteca, onde se atopa a nosa radio, “Muíños nas Ondas”. Alí, un exercía de entrevistador-técnico/a, facéndose cargo da mesa, mentres que os demais participaban como entrevistados. Finalmente, usaron o programa de edición de audio Audacity para gravar e gardar cadanseu programa.
O de onte foi totalmente improvisado, para que en maior ou menor medida puidesen soltarse e perder un poco o medo e a vergoña diante do micro. Agardamos que en breve se animen a utilizar a radio, poñendo en práctica todo o aprendido, sen esquecer que o máis importante é ter unha IDEA, pensar para quen falamos e redactar o GUIÓN de forma clara. A continuación, unha pequena escolma do que dou de si a mañá.

 

 


CONTOS DE MEDO

3,2,1 Estamos no aire! Rematou outubro e queremos deixarvos por aquí os contos e historias de medo dos alumnos máis aterradores do colexi...