martes, 15 de outubro de 2024

MUÍÑOS NAS ONDAS ( 3º / 4º EP)

O martes 15 de outubro, o alumnado de 3º e 4º EP desfrutou dun obradoiro de radio na man de SERXIO PASCUAL, formador de radio. 

O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola. 

Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución de historias inventadas. Traballaron en equipo e repartiron as tarefas. Remataron a actividade coa gravación das historias.

Con este obradoiro tratouse de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.

3º EP


4º EP

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE CREACIÓN NA RADIO ESCOLAR

  O venres 9 de xaneiro, contamos coa presenza de Pablo Corbillón Cabrera na nosa escola. Pablo é un dos formadores de Rede Espora  ( ES col...