venres, 8 de marzo de 2024

IRIA E PEDRO EN MUÍÑOS NAS ONDAS

O 6 de marzo, Iria e Pedro, alumnado de 6º E.P., guiados pola mestra Aurelia, fixeron unha actividade de radio que consiste en escribir nunha escaleta a reseña dunha película ou novela para recomendala. Deste xeito, traballan a maior parte dos bloques de contidos da área de Lingua contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. 

Iria grava a Pedro recomendando a película "Jumanji"

Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta.

Pedro grava a Iria que recomenda o libro "Irene a porteira"
Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...