mércores, 6 de marzo de 2024

MAR E ANDRÉS EN "MUÍÑOS NAS ONDAS"

O 6 de marzo, Mar e Andrés, alumnado de 6º E.P., guiadas pola mestra Aurelia fixeron unha actividade de Radio que consiste en escribir nunha escaleta a reseña dunha película ou novela para recomendala. Deste xeito, traballan a maior parte dos bloques de contidos de área de lingua contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. 

Mar grava a Andrés recomendando a película "O peor equipo do mundo".

Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta. 


Andrés grava a Mar que recomenda o libro "Anna Kadabra. O clube da lúa chea".
Premendo na 2º imaxe accederás á escaleta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...