xoves, 29 de febreiro de 2024

AURE E CLAUDIA EN MUÍÑOS NAS ONDAS

O 29 de febreiro, Aure e Claudia, alumnas de 6º E.P., guiadas pola mestra Aurelia, fixeron unha actividade en radio que consiste en escribir nunha escaleta a reseña dunha película ou novela para recomendala. Deste xeito, traballan a maior parte dos bloques de contidos de área de lingua contribuín
do ao desenvolvemento da competencia  en comunicación lingüística:

- Educación literaria: lectura e comprensión de novelas. 

- Comprensión oral: visualización de películas.

- Comunicación escrita: produción de textos escritos organizando as ideas, utilizando elementos de cohesión básicos, respectando as normas gramaticais e ortográficas básicas e cunha presentación clara e curiosa. 

- Oralidade: lectura en voz alta, con fluidez, facendo pausas e coa entonación axeitada segundo a intencion do texto. 

Aure grava a Claudia recomendando o libro "Alexia Putellas"

Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta.  

Claudia grava a Aure que recomenda a película "Los peores años de mi vida".

Premendo na 2º imaxe, accederás á escaleta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RADIO NERIA EN MUÍÑOS NAS ONDAS

O xoves, 14 de marzo, Luis Corral Dios, visitou a nosa radio "Muíños nas ondas". A través do programa "Chegar a bo porto"...