martes, 14 de decembro de 2021

MAXIA RADIOFÓNICA NO NADAL

O alumnado de 6º E.P. utilizou a radio na obra que prepararon para o Festival virtual de Nadal.

Aquí están facendo un ensaio no recuncho de radio na biblioteca.

Aquí tedes o resultado.

venres, 28 de maio de 2021

"APRENDER A VOAR" ( ALUMNADO 4º E.P.)

Mauro, Ainhoa, Sabela, Xavi e Carla, alumnado de 4º E.P. encamiñados pola súa titora Susana, elaboraron a súa primeira produción sonora no laboratorio de radio da biblioteca que eles mesmos montaron.
Aquí están para explicarnos como aprender a voar... a través dun podcast interpretado e sonorizado por eles. 
Todo empezou na clase de Valores. Traballaban cun libro que se titulaba "Aprender a voar" e fixeron esta produción sonora que leva o mesmo título. 

 Aquí tedes o resultado...

luns, 24 de maio de 2021

MONTANDO O LABORATORIO DE RADIO NA BIBLIO


Mauro, Ainhoa, Sabela, Xavi e Carla, alumnado da materia Valores de 4º E.P. guiados pola súa mestra Susana (compoñente do equipo de biblioteca), ao mesmo tempo que aprendían os nomes e as funcións de cada un dos aparellos que conforman a linguaxe radiofónica montaron o laboratorio de radio na biblio. 


Este é o resultado:

mércores, 28 de abril de 2021

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO


O 21 e 28 de abril o equipo de biblioteca participou nun obradoiro de "Radio na biblio" impartido por Sergio Pascual formador de Laboratorio de Radio.

Na primeira sesión fíxose unha introdución aos elementos que conforman a linguaxe radiofónica. 

Despois montouse o equipo técnico, explicando a función de cada aparello e o funcionamento da mesa de son.


Posteriormente, gravouse unha historia controlando técnicamente a gravación. 
Promovendo os valores do medio radiofónico ( traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación), Aurelia e Susana, dan remate  a actividade coa gravación dunha copla dedicada a Xela Arias e unha conversa sobre a reforma educativa LOMLOE.

 
  
Foi un xeito dinámico, lúdico e accesible de achegarse ao material técnico e aos principios fundamentais da linguaxe radiofónica.

venres, 11 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO ( 2º SESIÓN)

Na segunda sesión  do obradoiro de Radio ( 11 de decembro)  o alumnado de 6º preparou a gravación dun contido. Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución dunha historia colectiva creada para tal efecto polo Laboratorio de Radio. 

Traballaron por parellas e repartiron tarefas. Unha persoa do grupo encargouse da locución da historia e a outra da sonorización, mediante unha serie de instrumentos e aparellos reciclados.

Despois de practicar o texto e coordinar como e cando soan os efectos, fixeron unha serie de exercicios de respiración e vocalización para mellorar a locución diante do micro.


Remataron a actividade coa gravación e escoita colectiva da historia, nunha formación que tratou de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.

venres, 4 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO ( 1º SESIÓN)

O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración, logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte dos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", en función do interese e calidade das actividades realizadas no curso 2019/20

Grazas á asignación recibida por este recoñecemento, o alumnado de 6º que participou neste programa puido desfrutar dun obradoiro de Radio escolar, na man de Sergio Pascual, formador de Laboratorio de Radio.

A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro.

Na primeira sesión a actividade arracou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola. 

O alumnado participou de xeito activo a través de dinámicas de grupo para traballar o control da voz ( respiración, entonación...)

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...