venres, 25 de febreiro de 2022

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIOTECA

O venres 25 de febreiro, o alumnado de 4º e 5º de E.P. desfrutou dun obradoiro de radio na man de Sergio Pascual, formador de radio. A actividade desenvolveuse na biblioteca no seguinte horario:

- 4º E.P.:10.00 - 11.30h.

- 5º E.P.:11.45 - 13.15h.

O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola. 

Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución de historias inventadas. Traballaron en equipo e repartiron as tarefas. Remataron a actividade coa gravación das historias.

Con este obradoiro tratouse de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.

4º E.P.

5º E.P.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A XORDEIRA DA SEÑORA MARÍA ( 5º EP)

O alumnado de 5º EP, baixo a coordinación da mestra Aurelia, realizou un podcast na radio da biblioteca titulado "A XORDEIRA DA SEÑORA ...