O 11 de abril iniciaron as obras na biblioteca. O recuncho de radio trasladouse, provisionalmente, ao despacho de dirección.
luns, 11 de abril de 2022
xoves, 7 de abril de 2022
RADIO CUBISTA
Os nenos e nenas de 6º Infantil, guiados pola súa titora, contan a través da radio o que aprenderon da arte Cubista, estilo artístico que escolleron no PDI "E ti que pintas?".
A actividade consistiu en que cada neno e nena tiña que escoller un pintor/a ou obra, que traballaron ao longo do curso a través das actividades propostas pola biblioteca, e contar por que a elixiron.
Preme AQUÍ, para ver o guión.
luns, 28 de marzo de 2022
RECREOS NA BIBLIO
venres, 18 de marzo de 2022
ACTIVIDADES DO COLEXIO
O alumnado de 6º E.P. guiados pola mestra Aurelia, fálanos, a través da radio, das conmemoracións celebradas este curso escolar, do comedor e de dúas actividades da biblioteca: Club de lectura e Voluntariado.
Entre tema e tema, van facendo publicidade ( pizzería, casa en venta, floristería...).
O guión foi elaborado polo alumnado.
Aquí tedes o resultado:
venres, 25 de febreiro de 2022
OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIOTECA
- 4º E.P.:10.00 - 11.30h.
- 5º E.P.:11.45 - 13.15h.
O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.
Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola.
Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución de historias inventadas. Traballaron en equipo e repartiron as tarefas. Remataron a actividade coa gravación das historias.
Con este obradoiro tratouse de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.
4º E.P.
5º E.P.
venres, 11 de febreiro de 2022
CADROS DO ROMANTICISMO
O alumnado de 6º de E.P. encamiñados pola mestra Aurelia, elaboraron a súa primeira produción sonora no laboratorio de radio da biblio.
Están traballando sobre o Romanticismo e van describir, a través dun podcast interpretado e sonorizado por eles, 10 cadros deste estilo artístico.
Aquí tedes o resultado...
martes, 14 de decembro de 2021
MAXIA RADIOFÓNICA NO NADAL
A nosa voz nas ondas
O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...
-
O alumnado de 5º EP estiveron traballando na clase de Lingua Castelá o xénero da entrevista, aprendendo como preparala: formular boas pregun...
-
O martes 15 de outubro, o alumnado de 3º e 4º EP desfrutou dun obradoiro de radio na man de SERXIO PASCUAL , formador de radio. O obradoir...
-
Horta Creativa , cooperativa cultural da Costa da Morte, realiza anualmente un festival chamado "Comarea ". Este ano pretenden dif...



.jpg)

