xoves, 20 de abril de 2023

ENTREVISTAS EN MUÍÑOS NAS ONDAS...

O alumnado de 5º E.P. guiado pola mestra Aurelia, traballou a "entrevista" escrita no xornal da Voz de Galicia fixándose na presentación do personaxe entrevistado e no corpo da entrevista. Ademais analizaron cada pregunta para deducir que relación tiñan co personaxe ( se facía referencia á súa profesión, aos seus gustos, á súa vida...).

Na prensa tamén leron un artigo sobre unha entrevista (a unha redeira) que tiña o texto entrecomillado.   Nesta ocasión o alumnado inventou as preguntas para que coincidiran coas respostas da noticia. 

Remataron en grupos de tres, elaborando unha entrevista para un programa de radio. No grupo decidiron quen ía facer de periodista/locutor e quen de entrevistado. Buscaron o nome para o seu programa e foron redactando o texto nunha escaleta. O último paso foi a gravación no laboratorio de radio.

ENTREVISTA IAGO - NAYARA

ENTREVISTA IRIA - ROI - GIANNI
ENTREVISTA  AURE - JOEL - DIEGO

ENTREVISTA PABLO - CLAUDIA
ENTREVISTA PEDRO - ALMA - ANDRÉS

venres, 31 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO ( 5º E.P.)

O venres, 31 de marzo, o alumnado de 5º E.P. desfrutou dun obradoiro de radio na man de Denís Losada. 

A actividade desenvolveuse na biblioteca. 



O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Denís Losada fixo fincapé nos elementos fundamentais para facer radio na escola: escoita activa, traballo en equipo, creatividade e imaxinación.

martes, 28 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO ( 4º E.P.)

O martes 28 de marzo, o alumnado de 4º E.P. desfrutou dun obradoiro de radio na man de Denís Losada. 

A actividade desenvolveuse na biblioteca.

O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.

Denís Losada fixo fincapé nos elementos fundamentais para facer radio na escola: escoita activa, traballo en equipo, creatividade e imaxinación. 

Traballaron en equipo e repartiron as tarefas. Remataron a actividade coa gravación das historias. 

xoves, 16 de marzo de 2023

"ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS" ( 5º E.P.)

O xoves, 16 de marzo, o alumnado de 5º E.P. guiados pola mestra Aurelia, utilizaron a radio escolar para unha actividade de Lingua Castelá. Traballaron a lectura de poesía, dicción e entonación nun proxecto conxunto no que participou todo o alumnado.  O primeiro paso foi seleccionar un texto teatral en verso que tivera un número considerable de personaxes, xa que son 15 alumnos e alumnas. A mellor opción foi "Alicia en el país de las maravillas".

A continuación repartiuse o texto entre o alumnado e fíxose unha primeira lectura na clase nunha das sesións da "Hora de ler". Ao día seguinte a lectura xa se efectuou na cabina da radio, probando os micros e cascos para saber que volume se debía utilizar. Remataron gravando e incluíndo música de fondo.

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.

Aquí tedes o resultado:)

xoves, 9 de marzo de 2023

ENSAIOS EN "MUÍÑOS NAS ONDAS" ( 5º E.P.)

O 9 de marzo, o alumnado de 5º E.P. guiado pola mestra Aurelia, xuntouse na biblioteca no recuncho "Muíños nas ondas" para  facer un ensaio dunha actividade de Lingua Castelá: texto teatral e en verso

"Alicia en el país de las maravillas"

O reparto e a primeira lectura fixérona na aula ( "Hora de Ler"). A segunda foi no recuncho de "Radio na biblio" despois de probar micros e cascos. 

Na vindeira sesión ( 16 de marzo) farán  a gravación incluíndo música de fondo. 

venres, 18 de novembro de 2022

ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Como o PDI deste curso escolar vai sobre o MAR, o 18 de novembro, tivemos a visita de Sergio Pascual, formador de radio, para conmemorar o aniversario do Prestige. 

Alumnado de 5º e 6º E.P. colaboraron nesta actividade a través dun dos recursos da nosa biblioteca, a radio.

luns, 30 de maio de 2022

VOTA POR MIN

O alumnado de 4º E.P. traballaron na materia de Ciencias Sociais "A democracia". En plena campaña electoral difundiron os seus programas a través da radio "Muíños nas ondas". 

Aquí están no recuncho de radio facendo un ensaio...

A nosa voz nas ondas

O 24 de abril, unha selección do alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 3º EP participou no proxecto “Ponte nas ondas” , unha xornad...