O alumnado de 5º E.P. guiado pola mestra Aurelia, traballou a "entrevista" escrita no xornal da Voz de Galicia fixándose na presentación do personaxe entrevistado e no corpo da entrevista. Ademais analizaron cada pregunta para deducir que relación tiñan co personaxe ( se facía referencia á súa profesión, aos seus gustos, á súa vida...).
Na prensa tamén leron un artigo sobre unha entrevista (a unha redeira) que tiña o texto entrecomillado. Nesta ocasión o alumnado inventou as preguntas para que coincidiran coas respostas da noticia.
Remataron en grupos de tres, elaborando unha entrevista para un programa de radio. No grupo decidiron quen ía facer de periodista/locutor e quen de entrevistado. Buscaron o nome para o seu programa e foron redactando o texto nunha escaleta. O último paso foi a gravación no laboratorio de radio.
ENTREVISTA IAGO - NAYARA
ENTREVISTA IRIA - ROI - GIANNI
ENTREVISTA AURE - JOEL - DIEGO
ENTREVISTA PABLO - CLAUDIA
ENTREVISTA PEDRO - ALMA - ANDRÉS