luns, 18 de abril de 2022

MESTRES NAS ONDAS

Desde a biblioteca, todos os anos levamos a cabo un PFPP ( Plans de Formación Permanente do Profesorado). Este curso participan: o equipo de biblioteca, tres mestres especialistas ( E.F., Inglés , A.L.) e a mestra de 6º Infantil. 

Este curso continuamos no proxecto "Radio na biblio" e decidiuse ampliar a formación a través do PFPP, impartida por Denís Losada:  19 de marzo ( 3 horas); 22 de abril ( 2 horas).

A primeira sesión realizouse na biblioteca; a segunda, nunha das aulas de Primaria e no despacho de dirección ( trasladouse aquí o recuncho de radio porque a biblioteca está pechada).

1ª sesión: martes, 22 de marzo ( 3 horas)

2º sesión: martes, 19 de abril ( 2 horas)

Nesta sesión, a formación centrouse no "Guión radiofónico". Os mestres repartíronse en tres grupos. Elaboraron os guións na aula de 1º2º E.P. e gravaron no despacho de dirección. 

Aquí tedes o resultado:

"Sabores de África

"Europa"

"Henri"
Finalmente, escoitaron as gravacións e avaliaron, facendo propostas de mellora para futuros programas. 

luns, 11 de abril de 2022

RECUNCHO RADIO

O 11 de abril iniciaron as obras na biblioteca. O recuncho de radio trasladouse, provisionalmente, ao despacho de dirección. 

xoves, 7 de abril de 2022

RADIO CUBISTA

Os nenos e nenas de 6º Infantil, guiados pola súa titora, contan a través da radio o que aprenderon da arte Cubista, estilo artístico que escolleron no PDI "E ti que pintas?". 

A actividade consistiu en que cada neno e nena tiña que escoller un pintor/a ou obra,  que traballaron ao longo do curso a través das actividades propostas pola biblioteca, e contar por que a elixiron.


Preme AQUÍ, para ver o guión. 

Aquí tedes o resultado.

RADIO NERIA EN MUÍÑOS NAS ONDAS

O xoves, 14 de marzo, Luis Corral Dios, visitou a nosa radio "Muíños nas ondas". A través do programa "Chegar a bo porto"...