A formación desenvolveuse en dúas fases:
- Unha primeira de carácter teórico, para coñecer ben a ferramenta e o seu uso.
- Outra de carácter práctico, no que realizaron a gravación do programa elaborado.
A formación desenvolveuse en dúas fases:
Horta Creativa, cooperativa cultural da Costa da Morte, realiza anualmente un festival chamado "Comarea". Este ano pretenden difundir a actividade a través de diversos podcasts para o que solicitaron o uso da radio escolar do noso centro e a colaboración do alumnado de 6º E.P. para facer de reporteiros/as.
Realizáronse dúas sesións de formación: martes 11 e xoves 13 de novembro.
O alumnado de 5º EP estiveron traballando na clase de Lingua Castelá o xénero da entrevista, aprendendo como preparala: formular boas preguntas e expresarse con claridade.
Agora, poñen en práctica todo o aprendido na radio da biblio, facendo entrevistas entre os propios compañeiros e compañeiras do grupo.
Un xeito divertido de aprender comunicándose!
Aarón entrevista a Gabriel
O alumnado de 5º EP, baixo a coordinación da mestra Aurelia, realizou un podcast na radio da biblioteca titulado "A XORDEIRA DA SEÑORA MARÍA", unha adaptación da obra de teatro que representaron no Festival de Nadal.
O martes 15 de outubro, o alumnado de 3º e 4º EP desfrutou dun obradoiro de radio na man de SERXIO PASCUAL, formador de radio.
O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.
Unha das cousas nas que Sergio Pascual fixo máis fincapé foi na escoita activa e no traballo en equipo, elementos fundamentais para facer radio na escola.
Cos elementos da linguaxe radiofónica: voz, música, efectos de son e silencio, comezaron a traballar a sonorización e locución de historias inventadas. Traballaron en equipo e repartiron as tarefas. Remataron a actividade coa gravación das historias.
Con este obradoiro tratouse de promover os valores pedagóxicos do medio radiofónico: traballo en equipo, escoita activa, creatividade e imaxinación.
3º EP
O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.
Denís Losada fixo fincapé nos elementos fundamentais para facer radio na escola: escoita activa, traballo en equipo, creatividade e imaxinación.
O alumnado repartiuse en catro grupos para contar o conto
"OS SETE CABRITOS"
GRUPO 1
O martes 1 de outubro, o alumnado de 3º E.P. desfrutou dun obradoiro de radio na man de Denís Losada.
A actividade desenvolveuse na biblioteca.
O obradoiro arrancou cunha serie de dinámicas de presentación e coa introdución á linguaxe radiofónica así como o proceso para elaborar un programa de radio.
Denís Losada fixo fincapé nos elementos fundamentais para facer radio na escola: escoita activa, traballo en equipo, creatividade e imaxinación.
O venres 9 de xaneiro, contamos coa presenza de Pablo Corbillón Cabrera na nosa escola. Pablo é un dos formadores de Rede Espora ( ES col...